martes, 25 de diciembre de 2012
Manuel Rodríguez Troncoso
Datos biográficos adicionales del autor: pulsar ------->
Entrevista al autor: ( 1 )
Referencias del autor:
( 2 ) ( 3 ) ( 4 )
Correo electrónico: 7848mrt@comb.es
El autor en su blog de WORDPRESS: http://rodrigueztroncoso.wordpress.com
Autores del blog: Carlos Mazón y Mariví Rodríguez ( en homenaje al autor).
El Autor, Diciembre 2012
El autor pintando el cuadro destinado a la " Fundación Vicente Risco - Otero Pedrayo " ( Orense)
promovida por Camilo Fdez Valdehorras.
Diciembre 2012 - Real Círculo Artístico de Barcelona
Flores montesías (*)
(a Mari, miña dona, poema de gratitude a Deus)
Flores montesías,
oh flores belas,
que permanentemente alaudades a Deus, creador,
levade coas vosas preces
a miña gratitude ó Ser Infindo.
Convosco,
que ollades arroubadas ó Señor,
entre os vosos pétalos abertos,
tenros e nidios,
elevo eu as miñas mans,
humildemente,
con gratitude e amor.
¡Gracias, Deus meu, infindo!
¡Gracias, Señor!
19- 11- 1987. M.R.T.
(*) Escrito coa profundidade mística máxima que a miña alma puido sentir, o mesmo día que o cirurxián, despois de facerlle á miña dona unha laparotomía exploradora ós seis meses de operala, aseguroume que pensaba se curaría. Respondera moi ben á quimioterapia. Era o mesmo cirurxián que o día que a operara, seis meses antes, non nos dera ningunha esperanza. Acudimos a orar á Virxe, como expresión de gratitude, a Fátima, Covadonga e a Montserrat
Hai 25 anos,
Grazas, Virxe Santa
Grazas, Virxe Santa, mil grazas Virxe María,
que viches as miñas bágoas de gratitude a Deus Pai
de gratitude infinita,
Víchesmas, nai de Xesús, en Montserrat, Covadonga,
e na Sagrada Familia;
camiño do hospital, rogando a Deus en voz alta;
e cando ninguén me vía
na casa, só, solitario,
pedindo saúde e vida pra miña dona ferida,
que o médico que a operara dicíanos que morría.
En Fátima te atopei, cun sorriso nos teus beizos
pra dicirme miña Santa, que ela se curaría
pola fe fonda e sincera ó noso Pai, Deus de todos,
e o amor que eu lle tiña.
Grazas miña Virxe Santa,
grazas,
¡¡¡ sostén da miña familia!!!
28-Xuño-2012. M.R.T
Suscribirse a:
Entradas (Atom)