martes, 25 de diciembre de 2012


Flores montesías  (*)
(a Mari, miña dona, poema de gratitude a Deus)

Flores montesías, 
oh  flores belas,
que permanentemente alaudades a Deus, creador,
levade coas vosas preces
a miña gratitude ó Ser Infindo.
Convosco,
que ollades arroubadas ó Señor,
entre os vosos pétalos abertos,
tenros e nidios,
elevo eu as miñas mans,
humildemente,
con gratitude e amor.

¡Gracias, Deus meu, infindo!
¡Gracias, Señor!
                                   
  19- 11- 1987.   M.R.T.

(*)  Escrito coa profundidade mística máxima que a miña alma puido sentir, o mesmo día que o cirurxián, despois de facerlle á miña dona unha laparotomía exploradora ós seis meses de operala, aseguroume que pensaba se curaría. Respondera moi ben á quimioterapia. Era o mesmo cirurxián que o día que a operara, seis meses antes,  non nos dera ningunha esperanza. Acudimos a orar á Virxe, como expresión de gratitude, a Fátima, Covadonga e a Montserrat





Hai 25 anos,

Grazas, Virxe Santa

Grazas, Virxe Santa, mil grazas Virxe María,
que viches as miñas bágoas de gratitude a Deus Pai
de gratitude infinita,
Víchesmas, nai de Xesús, en Montserrat, Covadonga,
e na Sagrada Familia;
camiño do hospital, rogando a Deus en voz alta; 
e cando ninguén me vía
na casa, só, solitario, 
pedindo saúde e vida  pra miña dona  ferida, 
que o médico que a operara  dicíanos que morría. 
En Fátima  te atopei, cun sorriso nos teus beizos
pra  dicirme miña Santa, que  ela se curaría
pola fe fonda e sincera ó noso Pai, Deus de todos,  
e o amor que eu lle  tiña.
Grazas miña Virxe Santa,
grazas, 
        ¡¡¡ sostén da miña familia!!!
                                 
28-Xuño-2012.  M.R.T



No hay comentarios: